jueves, 22 de diciembre de 2011

CHEGOU PAPA NOEL AO COLE !

Tivemos unha sorpresa moi boa. Papa Noel pasouse polo colexio e deixounos uns agasallos para xogar nos recreos cando chove: parchís, damas, conecta catro...
Moitas gracias Papa Noel!









miércoles, 23 de noviembre de 2011

PROXECTO TERRA

OS NENOS E NENAS DE 5 E 6 ANOS PARTICIPAMOS NO PROXECTO TERRA


Fumos no autobús ao colexio de Xeve. Puxemos uns guantes e metimos as mans nuns pratos cheos de pintura e pintamos uns papeis brancos que eran moi grandes. Cando rematamos, unimos os papeis grandes con cinta. Entre todos, levamos os papeis grandes a un patio cuberto e colgámolo como se fose unha cabana e metímonos dentro.
Pasámolo mooi ben!

Sergio Montes.


jueves, 10 de noviembre de 2011

FROITOS DE OUTONO

No mes de novembro, aproveitando que estudamos os sentidos en Coñecemento do Medio, fixemos uns libriños titulados "Froitos de Outono". Neles describimos por medio dos cinco sentidos, diferentes froitos: 
laranxas, feixoas, noces, castanas, limóns, mandarinas, kiwis, uvas .... 

Pasámolo moi ben, mirade que cara puxemos cando probamos o limón e a laranxa!

                                                                                                                                                 



Aquí tendes unha mostra do que fixemos.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Este ano para celebrar a festa de Samaín trouxemos unhas cabazas moi orixinais e disfrazámonos.


As nosas cabazas.



Que medo!!!
Mirade que colección fixemos entre todos.


Pero o máis divertido foi a terrorífica historia que lle contamos aos nosos compañeiros titulada:

"O CALDEIRO DE MOG"
Facede clic nas estrelas para visualizarlo.

               Esperamos que vos guste.



jueves, 29 de septiembre de 2011

BENVIDOS AO NOSO BLOG!

Este é o blog dos nenos e nenas de 1º do CEIP Espedregada, e para comezar imos amosarvos porque nos facemos chamar As Serpes do Camiño e porque a dirección do noso cole é O CAMIÑO DA SERPE.

Tres días despois de empezar as clases, mirade o que atopamos no recreo.








A PEL DUNHA SERPE!!!!







ESTABA COMPLETA, 
ATA SE LLE NOTABAN OS OLLIÑOS!!!

 

As Serpes do Camiño Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting