viernes, 16 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012

O venres 16 de novembro ,celebramos o Magosto e fixemos unha carreira solidaria, e cando acabamos, animamos aos demais. Despois, fumos a comer castañas e bocadillos de chourizo .
Cando acabamos, os da miña clase e alguén  máis xogamos ao fútbol .Eu din 7 voltas ao campo grande.

Sergio Montes.

                                                                   




jueves, 15 de noviembre de 2012

VISITA Á BIBLIOTECA PROVINCIAL



Primeiro o autobús veu recollernos para ir ao parque das Palmeiras e merendamos alí. Despois,  fumos  andando ata  a  biblioteca. Na  biblioteca  ensináronos  as  normas  e  como  funcionaba .
Aprendimos a  buscar  un  libro e o limos. Mais  tarde, léronnos o conto do Coelliño  branco  e  despois  fumos  cara  o cole.

  Nuria   Dasilva

¡PASEINO  XENIAL! 



                              








miércoles, 31 de octubre de 2012

SAMAÍN 2012


O 31de outubro celebramos a festa de Samaín. Ese día trouxemos todos traxes negros porque pegamos osos de cartón enriba.  A profe maquillounos a cara coma esqueletes, estabamos terroríficos!. Tamén trouxemos cabazas decoradas e fixemos un baile chamado Dem Bones. Esa canción trataba sobre uns esqueletos que ensinábante as partes do corpo bailando.
Pasámolo xenial !

Sergio Villar.







miércoles, 10 de octubre de 2012

APRENDIMOS A LAVAR BEN OS DENTES


Como estabamos no tema da alimentación e a hixiene,  aprendimos a lavar ben os dentes. Imos contarvos como se fai:

Primeiro, botamos a crema no cepillo de dentes e NON O MOLLAMOS! E empezamos limpando os dentes de enriba. Temos que cepillalos dende a enxiva cara abaixo, coma se barrésemos. E facemos o mesmo pola cara interna dos dentes.
Logo  temos   que  limpiar  as  moas.¿Sabedes  como se  lavan? Vóuvolo dicir. Hai que limpalas en circuliños
Cando  acabedes pasades  aos  dentes de abaixo e  facemos o mesmo, pero agora o movemento é dende a enxiva cara arriba. Non vos olvidedes das moas. 
Facede todo isto con  moito coidado, non apretedes demasiado. 

Recordade:
- Hai que lavalos dentes despois de cada comida.
- Polo menos temos que facelo durante 2 minutos.
-Temos que cambialo cepillo de dentes se as cerdas están abertas. 

Desiré Cardoso.






viernes, 24 de febrero de 2012

O ENTROIDO!

DISFRAZÁMONOS DE PIRATAS COMA BENITO SOTO

Como estivemos traballando co libro de Benito Soto e gustounos tanto, este ano decidímonos disfrazar de piratas sanguinarios. Mirade que miradas mais terroríficas!














 

As Serpes do Camiño Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting