viernes, 20 de diciembre de 2013

Papá Noel

    O dia 20 de decembro veu Papá Noel ao colexio. Clase  por clase, foi dando  un puñado  de caramelos a cada neno. Despois  baixamos  todo o colexio á clase  de  4º e 5º de infantil. Aos nenos de infantil déronlle  un agasallo, e dende 1º ata 6º  déronnos unha bolsa de golosinas .


                                                           ¡FIN¡


NEREA MEDRANO BEA 3º.
















miércoles, 15 de mayo de 2013

A FESTA DA PRIMAVERA


O mércores dia 15 de abril fixemos a Festa da Primavera. Os pais  podian vir a disfrutar da festa .Os pequenos (significa os de Infantil), fixeron ratos de queixo e chocolate. Tamén fixeron pasteis de fresas con nata. Estaban  riquísimos! Eu non os probei  pero tiñan boa pinta. Tiñamos de todo! Que pena que non viñerades. Pasámolo xenial!
Un  saúdo.
Adeus.

Desiree  Cardoso  Gonzalez.
Sergio Montes Portela.








martes, 7 de mayo de 2013

ROTEIRO DOS BOLECHAS E VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA




O martes 7 de maio nós e os nosos compañeiros de 1º fumos ao roteiro da zona vella de
Pontevedra.
A primeira praza foi a igrexa da Peregrina que tiña unha santa, a Peregrina.
A segunda praza foi a da Leña que nela vendíase a leña, a terceira praza da Estrela que nela habia catro caras.
A que máis nos gustou foi a fonte dos Tornos.
Porque era moi divertido cando nos poñian os caldeiros na cabeza.
Máis tarde fumos ao museo e habia moitas cousas antigas.
Por último fumos ao camarote de Mendez Nuñez e parecía un barco de verdade porque cando nos moviamos, nos mareabamos.
Logo dixemos unhas palabras e a porta que tiña o camarote abriuse.
¡Pasámolo xenial!



    
                               




















miércoles, 17 de abril de 2013

A NOSA HORTA


 

Como este ano choveu tanto non puidemos plantar. Meses despois, parou de chover e plantamos fresas e leitugas. Primeiro tivemos que recortar a tela negra . Logo quitamos a terra. Un rato despois metemos as prantas e volvimos a tapalas coa terra e botámoslle auga .

Iria Vila.

jueves, 4 de abril de 2013

VISITA AO CONCELLO DE POIO E AO MOSTEIRO



O xoves 4 de abril veu o autobús a recollernos cos nenos de  2º de Chancelas  para ir ao Concello e ao Mosteiro de Poio. O primeiro que vimos foi o Concello. Alí recibiunos o alcalde, Nito, e preguntounos o que queriamos que fixera o Concello por nós. Logo fumos ao Mosteiro a ver un video. Despois, unha guía explicounos cousas do Mosteiro.Pasamos por un xardín cunha fonte vella que arredor tiña plantas e flores. Mais tarde vimos un mosaico que representaba o camiño de Santiago. Antes de marchar fixémonos fotos no hórreo máis grande de Galicia.

Pablo Quiñones.










 

As Serpes do Camiño Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting