jueves, 4 de abril de 2013

VISITA AO CONCELLO DE POIO E AO MOSTEIRO



O xoves 4 de abril veu o autobús a recollernos cos nenos de  2º de Chancelas  para ir ao Concello e ao Mosteiro de Poio. O primeiro que vimos foi o Concello. Alí recibiunos o alcalde, Nito, e preguntounos o que queriamos que fixera o Concello por nós. Logo fumos ao Mosteiro a ver un video. Despois, unha guía explicounos cousas do Mosteiro.Pasamos por un xardín cunha fonte vella que arredor tiña plantas e flores. Mais tarde vimos un mosaico que representaba o camiño de Santiago. Antes de marchar fixémonos fotos no hórreo máis grande de Galicia.

Pablo Quiñones.










0 comentarios:

Publicar un comentario

 

As Serpes do Camiño Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting