miércoles, 17 de abril de 2013

A NOSA HORTA


 

Como este ano choveu tanto non puidemos plantar. Meses despois, parou de chover e plantamos fresas e leitugas. Primeiro tivemos que recortar a tela negra . Logo quitamos a terra. Un rato despois metemos as prantas e volvimos a tapalas coa terra e botámoslle auga .

Iria Vila.

jueves, 4 de abril de 2013

VISITA AO CONCELLO DE POIO E AO MOSTEIRO



O xoves 4 de abril veu o autobús a recollernos cos nenos de  2º de Chancelas  para ir ao Concello e ao Mosteiro de Poio. O primeiro que vimos foi o Concello. Alí recibiunos o alcalde, Nito, e preguntounos o que queriamos que fixera o Concello por nós. Logo fumos ao Mosteiro a ver un video. Despois, unha guía explicounos cousas do Mosteiro.Pasamos por un xardín cunha fonte vella que arredor tiña plantas e flores. Mais tarde vimos un mosaico que representaba o camiño de Santiago. Antes de marchar fixémonos fotos no hórreo máis grande de Galicia.

Pablo Quiñones.










 

As Serpes do Camiño Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting